Sobre Nós

Somos Berto e Marta, dous apaixonados da montaña e a natureza.

Encántannos os retos, as aventuras de percorrer terreos descoñecidos, as emocións que nos achegan e as aprendizaxes que nos reportan.

Coñecémonos formándonos como guías de montaña. Desde entón percorremos moitos carreiros, atravesado bosques, escalado montañas…… cada paso achegounos unhas experiencias e aprendizaxes que non quedan asilados neses lugares, se non que trasladamos ao noso día a día.

Cremos que estes desafíos poden axudarnos a medrar e a atoparnos a nós mesmos.

 

Guías Galaicos somos montaña

Guías Galaicos quere compartir contigo un abanico de experiencias e aprendizaxes a través da montaña.

Deseñamos actividades na natureza para un perfil deportivo, cunha esixencia física e técnica. Actividades que supoñan un reto, no que poidas superarte.

Cada proxecto busca un deseño persoal, de camiños e sendeiros pouco transitados, que nos leven a lugares insólitos e, na medida do posible, pouco masificados.

Cada Actividade ten unha connotación formativa moi importante, por iso están enfocadas a grupos reducidos nos que esta premisa sexa posible.

Cada paso que damos ten un pedacito de nosos, garda a nosa pasión polo que facemos e o que somos, e o noso soño por achegalo a cada persoa para que viva e descubra a súa propia montaña.

Marta Sanz Barciela

Técnica deportiva e docente

A educación e a Montaña son os piares imprescindibles no seu día a día.

As paredes e a rocha son a súa pasión.

Leva sempre a súa sonrisa ás montañas, contaxia vitalidade e embriaga a todo aquel que a acompaña facendo que se sinta montaña.

Técnica Deportiva Media Montaña e Escalada. Licenciada en CC.AF e do Deporte

Berto Fernández Bolullosa

Técnico deportivo e artesán dos montes

Gran apaixonado dos deportes de montaña e un verdadeiro namorado da terra galega.

Todoterreno é unha boa definición. Trota montes por onde queira que viaxe.

A súa especialidade é adentrarse e perderse no terreo para descubrir cada rincón, deseña percorridos que gardan moito cariño.

Técnico Deportivo de Media Montaña especializado en persoas con discapacidade e instrutor de marcha nórdica.

Contacta con Nós

Información & Reservas

Teléfonos

+34 616 89 40 44
+ 34 618 24 03 59

Horarios:

Luns a venres: 9.00-14.00 / 16.00- 20.00
Sábado: 10.00-14.00

Localización

Oficina

Pontesampaio Vilar nº 1
36690 Pontevedra

Síguenos

Formulario de Contacto

3 + 4 =