As Nosas Rutiñas
Son actividades de sendeirismo de un só día que se desenvolven no medio natural. Consisten en percorrer sendeiros e camiños por bosques e montañas para coñecer o patrimonio natural e cultural da zona, contemplar vistas e panorámicas mentres gozas da práctica de exercicio físico na natureza.
Época do ano:
De Novembro a marzo
Lugar:
Contornos naturais na provincia de Pontevedra
Tarifas:
30 euros por actividade
Datas:
Un sábado ou domingo ao mes.
Duración:
5h -9h dependendo da actividade
Detalles da Actividade
O sendeirismo é unha actividade non competitiva.
Pola contra, é unha actividade perfecta para tomalo con calma, desfrutar en compañía, compartir grandes momentos e experiencias e desconectar da rutina.
Son plans perfectos para facer en familia ou con amigos.
Onde consultar as actividades
- Publicadas nas nosas redes sociais e no calendario da páxina web.
O que debes traer
Épocas do ano
- De Novembro a marzo.
Preguntas Frecuentes
- Horarios: As actividades realizaranse pola mañá, rematando contorno ás 16.00.
- Desprazamentos: Os desprazamentos ata o punto de encontro onde comeza a actividade corren á conta individual dos participantes.
- Punto de inicio: As actividades son percorridos circulares. O punto de encontro será facilitado polo guía en cada actividade. Moi próximo ao lugar no que deixemos os vehículos.
- Ratios: Grupos de máximo 15 persoas.
- Seguros: Cada actividade dispón dun seguro de accidentes incluído.
- Nivel da actividade: cada actividade terá reflicte cunha táboa específica o nivel de complexidade valorando diferentes factores para que sepas cal é o nivel exixido
Establecemos 5 niveis, cada nivel está acompañado por unha guindilla: ¡fíxate nas guindillas! Cantas máis guindillas aparezan máis complexa e picante é a actividade:
Contacta con Nós
Información & Reservas
Teléfonos
+34 616 89 40 44
+ 34 618 24 03 59
Horarios:
Luns a venres: 9.00-14.00 / 16.00- 20.00
Sábado: 10.00-14.00
Localización
Oficina
Pontesampaio Vilar nº 1
36690 Pontevedra