Marcha Nórdica
A marcha nórdica é unha forma de camiñar que inclúe non só a acción das pernas como na marcha normal, senón tamén a parte superior do corpo. Trátase de camiñar con dous bastóns especiais, pensados só para esta modalidade. Ten as súas orixes no esquí de fondo, cuxa transferencia a uns movementos sistemáticos dos brazos transforman a acción de camiñar nun movemento global e completo.
Época do ano
Lugar
Contornos naturais próximos á cidade de Pontevedra
Sesións
A actividade realízase dúas sesións á semana os Martes e Xoves. En horario de tarde.
Tarifas
Consultar
Duración
Cada sesión ten unha duración dunha hora e media.
Detalles da Actividade
Con este programa buscamos realizar unha actividade mensual con dúas sesións semanais de marcha nórdica que nos permitirá, dunha maneira sinxela e eficaz, mellorar o noso sistema cardiovascular, tonificar os grupos musculares máis implicados (brazos, espalda, peito e pernas), ampliar o rango de mobilidade articular e traballar a coordinación. Unha actividade global para todo o corpo que nos permite unificar saúde, deporte e natureza.
Época do ano
De Novembro a marzo.
O que debes traer
Roupa deportiva cómoda para camiñar, calzado deportivo cómoda para camiñar, impermeable tipo Goretex, mochila de 10L e auga. Os bastóns de marcha nórdica son proporcionados por Guías Galaicos.
Preguntas frecuentes
• Horarios: As actividades realizaranse pola tarde, en horario de 17.30 – 19.00 os martes e xoves de cada semana.
• Desprazamentos: Os desprazamentos ata o punto de encontro onde comeza a actividade corren á conta individual dos participantes.
• Punto de inicio: Moi próximo á cidade de Pontevedra. As actividades son percorridos circulares. O punto de encontro será facilitado polo guía en cada actividade.
• Ratios: Grupos de máximo 15 persoas.
• Seguros: Cada actividade dispón dun seguro de accidentes incluído.
• Sesións individuais: Consultar a posibilidade de asistir a unha sesión illada.
• Nivel da actividade: Todos podemos practicar a marcha nórdica xa que é beneficioso para calquera persoa que queira mellorar a súa saúde e a súa condición física. Consulta con nós os teus obxectivos e asesorámosche.
Contacta con Nós
Información & Reservas
Teléfonos
+34 616 89 40 44
+ 34 618 24 03 59
Horarios:
Luns a venres: 9.00-14.00 / 16.00- 20.00
Sábado: 10.00-14.00
Localización
Oficina
Pontesampaio Vilar nº 1
36690 Pontevedra